Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Resolver dúbidas

Este blog nace polo consello e cariño de Xabier Martínez Rolán, quen me recomendou que convertese en algo máis operativo as peciñas que estaba facendo para enriquecer a desértica rede social de Google +.

Aproveitarei aqueles textos para quen non me siga naquela rede. A filosofía é a mesma, herdada da sección que fixen en A Nosa Terra Diario durante máis dun ano: explicar dúbidas sobre a lingua galega.

Cando traballaba no semanario e no diario dixital hoxe desaparecidos, encargueime da corrección lingüística da redacción. Este traballo nunha publicación monolingüe é interminable porque a nosa fala non ten ferramentas abondas de corrección informática e cómpre unha dedicación formativa non sempre ao alcance das longas xornadas dun xornalista.

Diferenciar os niveis vulgar do culto, non confundir a palabra “que se oe na rúa” coa forma correcta en galego, evitar as frases feitas de orixe castelá, superar as limitacións dos dicionarios cando falamos de termos técnicos de áreas tan distantes como o deporte ou a economía…

Coido que desa experiencia aprendín unha presadiña de cousas. Para quen lle interese, ireinas deitando neste blog.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Resolver dúbidas

  1. Estimado César: permíteme, antes nada, felicitarte pola estrea deste novo blog, ao que lle desexo moito éxito e seguidores.

    Seméllame, amais, moi oportuno pola súa temática, sobre todo nestes tempos nos que nos movemos entre, dunha banda, a máis absoluta ignorancia normativa e, doutra, a lei de “se non me convencen as normas consensuadas, múdoas pro domo mea”.

    Terás neste lector un seguidor fiel, que gustará de aprender de quen, coma ti, leva anos no oficio con dedicación e profesionalidade admirables.

    Unha cordial aperta.

  2. Moitas grazas polos azos e a xenerosidade, Armando.

    Son un firme partidario da liberdade na expresión literaria pero ningunha lingua ten prestixio sen un estándar diáfano. A corrección ortográfica é imprescindible para que o galego sexa respectado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: