Dúbidas do galego

Bochornoso

Aínda que non o pareza, estamos no outono. E en innumerables conversas de ascensor fálase de que vai un bochorno que non é san. Pero hoxe falamos doutro bochorno, o de comprobar a pobreza léxica da meirande parte dos políticos. A necesidade de estar cada día nos medios converte os membros dos partidos en candidatos a equivocarse, sobre todo polo abuso de determinados clixés. Un adxectivo moi empregado por cargos públicos é bochornoso. En galego non existe. Si se pode empregar, como dixemos, bochorno para definir a calor abafante ou unha situación que de tanta vergoña, quenta. Ora ben, no adxectivo hai que substituílo por abafante ou sufocante cando a temperatura aperta e por vergonzoso ou vergoñento ao falarmos de algo que arrubia as meixelas.

Advertisement

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Bochornoso

  1. Ola, Ifrit:

    Moitas grazas por comentar e mostrar esa aparente rareza. En realidade non é tan estraño que determinados sinónimos entren nunha lingua sen os seus derivados.

    Pensa que bochorno é unha palabra nova no galego, seguramente un empréstito do castelán (fronte aos máis veteranos calmizo ou calmuzo, bofa, xoula, chorrazo…) e non tivo tempo de adoptar tamén o adxectivo bochornosa.

    En calquera caso, xa que a lingua está viva, bo sería que de usar bochornoso o usásemos nese sentido do portugués (quente) e non co significado de afrontoso, do que tanto se abusa na lingua pública.

    Aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: