Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Losquear

Non é nada raro aproveitar substantivos para crear verbos. De nube, nubrar; de minuto, minutar; de televisión, televisar. E o mesmo pasa en dirección contraria. De repartir, repartición; de falir, falido… Pero ás veces unha lingua non admite que haxa ese tránsito entre as dúas formas morfolóxicas máis comúns. No castelán bofetada e abofetear sonche palabras curmás pero en galego non existe nin unha nin outra. Para o substantivo podemos empregar labazada, lapote, sopapo, morrada ou moquete, entre outras. Para o verbo usaremos losquear. Curiosamente, a palabra bofetada existe desde moi antigo no portugués e tamén o verbo esbofetear. Este tránsito entre castelán e portugués produciuse case 400 anos despois da separación política da comunidade galegofalante logo da independencia portuguesa do reino de Galicia-León.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: