Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Bogada

Como se lle chama ao conxunto de roupa que se lava toda dunha vez? Seguramente, a primeira palabra que vos veña á cabeza é colada. Lóxico. Este castelanismo está moi estendido e como lle afecta a un traballo moi habitual na casa, non é doado chamarlle correctamente polo nome galego. Iso pasa en moitas palabras, tan comúns e vulgares que substituílas acaba por parecer un snobismo. E a ninguén lle gusta acabar marxinado, certo? Pero pouco e pouco podemos ir sementando. E un bo exemplo é deixar de empregar colada e optar por bogada. As primeiras veces soará rara, teremos que explicar a que nos referimos se nos están escoitando pero coma todos os hábitos, cun pouco de tempo e paciencia acabará por facérsenos normal. Outra palabra sinónima é burrela.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: