Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

U

Desta volta non imos falar da letra U senón do adverbio interrogativo de lugar que se usa para preguntar onde está? Só se usa seguido do artigo determinado ou das formas átonas do pronome persoal de terceira persoa: u-lo teu pai? U-las túas gafas?; “busca o meu bolso?” “Ulo?”

Ao igual ca eis, esta é unha forma máis habitual na literatura que na fala cotiá pero conservala é unha forma de manter a idiosincrasia propia do idioma. De aí que, como se queixaba nun comentario neste blog a miña amiga Arancha Estévez, os departamentos de Normalización a vexan conc ertos reparos. Eu considero que unha lingua debe ser rica, polisémica e con moitas pólas das que zugar seiva que a fortalezan entre a sociedade. Todas as linguas constrúense na rúa pero tamén nos libros. Nós non imos ser menos. Está ben que aumentemos o léxico escoitando a xente falar pero en moitas ocasións o tempo fixo extinguir moitas formas xenuínas que xa están unicamente a salvo na eternidade da literatura.

A forma u procede do latín ubi, que significaba onde tamén.

Advertisements

Single Post Navigation

5 reflexións sobre “U

  1. Eu comecei a usalo de brincadeira cando estaba en COU. E xa o teño tan incorporado que a día de hoxe, cando dou clase ( nada relacionado con lingua ou literatura) emprégoo acotío. Ao comezo a rapazallada asómbrase, pero mesmo teño escoitado a algún usalo tamén.

    A ver se son quen de incoporar o EIS

  2. A miña avoa materna usaba este adverbio, polo que dela recordo (principios dos anos oitenta). E asegúrovos que manexou máis o sacho que a literatura. Os que non o usamos somos os urbanitas neofalantes, quizá porque nas nosas familias rachou a cadea de transmisión oral… 😦

  3. César, o galego patrimonial perdeu parte do substrato, coma a terra, e por iso hai formas que hai que buscar falante por falante para ver que existen no galego real. A literatura é un bo sistema para gardar ese patrimonio que, como ben dis, esvaeceu ao racharse a cadea de transmisión oral.

    Sobchak: Moitos ánimos para aprenderlles aos nenos o galego xenuíno. Seguro que a semente non cae en pedra.

    Graciñas a ambos por ler e comentar neste blog.

  4. Pingback: Tes dúbidas? Este é o teu blog | Aí falaches!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: