Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Regatear non é o mesmo que canear

Na normalización da lingua galega usada no deporte foi fundamental a TVG, que desde mediados da década do 1980 emite partidos de fútbol, básquet, balonmán, hóquei… competicións de remo, piragüísmo, motociclismo, automobilismo, ciclocrós, artes marciais, atletismo e algunha outra disciplina. Nomes xa históricos como Manuel Pampín ou Ovidio González puxéronlles voz a moitos termos que nunca os galegos escoitaran aplicados ao deporte.

Unha desas palabras foi canear, que eu sentín na rúa des que tiven corpo, que non maña, para xogar nos patios ao fútbol e todos os seus sucedáneos, desde o balón-portaría ao balón-furón, moi seguido daquela en Torneiros (O Porriño).

Mais a Televisión de Galicia deixou de emitir hai anos a liga da primeira división, co cal perdeu algo de protagonismo no ouvido dos espectadores, que hoxe escoitan o fútbol masivamente en castelán. É por iso que se coaron no galego cotián termos como regatear, incorrecto.

Incorrecto é regatear aplicado ao exercicio de evitar, mediante unha finta co balón, un xogador contrario. Porque si é correcto no sentido de discutir o prezo dalgunha cousa. “No Brasil podes regatear até nos centros comerciais”. O verbo regatear, con este sentido, ten orixe catalá e pasou ao galego seguramente no final da Idade Media, cando os mercadores do peixe, o viño e outras riquezas propias, ían á Coroa de Aragón e Catalunya vender e comprar. Outras formas galegas igualmente válidas –para min máis interesantes– son relear e remaquear.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: