Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Frutal

Na zona de Cequeliños (en todo o sur, coido), óese comunmente fruta ou fruita en vez de froita. Nós que falamos fruta non sei se a forma é dialectal galega –os portugueses din fruta– ou castelanismo. En calquera caso, no galego estándar prefírese froita, seguindo a liña doutras palabras latinas que posuía o grupo -uct- (tructa, lucta…) que acabaron en troita e loita. Eu penso, por iso, que é palabra castelá porque noutras palabras de evolución semellante, naquelas partes falamos truita, luita…

O que si é castelanismo sen dúbida é frutal, adxectivo relativo á froita. Debemos substituílo por froiteira. Por exemplo, cando falamos da pereira dicimos que pertence ao grupo das árbores froiteiras, e non frutais ou frutales. Esta é a forma escollida polo portugués, que utiliza os adxectivos fruteira ou frutífera.

Os lingüístas tamén recomendan froiteira ou froiteiro para traducir a forma aroma frutal ou sabor frutal (sabor froiteiro ou aroma froiteiro). Non o teño eu tan claro. Coido máis acaído prescindir do adxectivo e complementar co substantivo froita. Sabor a froita; aroma a froita.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: