Dúbidas do galego

Avoa, avogado, escaravello

Seguimos falando de dificultades para saber se unha palabra vai con v ou con b. Especialmente cando hai variación entre a ortografía do galego e do castelán. Como a nosa lingua é a máis feble e a menos utilizada no ensino, non é estraño ver escritas palabras galegas con grafías que son estrañas. Hai casos ben complicados porque as palabras son idénticas, como avogado, corveta, vogar, esvelto, chuvasco, escarvar, avultar, covarde, gravar, varanda, varrer, verza ou voda, que se escriben con v e non con b. Noutros casos, o erro é por semellanza semántica. É o caso de avoa, escaravello, esvarar, garavanzo, pavillón, trevo, voitre, vermello, verniz ou gravata. A única maneira de acertar é estudando caso por caso. Que palabras que levan v en galego se vos poñen rebeldes e sempre errades na súa escrita?

Advertisement

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Avoa, avogado, escaravello

  1. …é que como vacío é con v ;P

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: