Dúbidas do galego

Henrique, ola, harmonía, ombreiro

Igual que ocorre co b/v, as diferenzas entre castelán e galego no uso do h son de orixe etimolóxica. Hai linguas, caso do italiano, que para evitar problemas, cortou polo san o h. De aí que falen de Umberto (e non Humberto). O galego restitúe moitos haches que o castelán perdeu. Algúns na antroponimia, que é a parte da lingüística que estuda os nomes propios de persoas. Así recoméndase en galego escribir Henrique, Helena, Heladio e Hadrián. Outros casos de palabras con h en galego son harmonía e os seus derivados, e harpía.

Pola contra, en galego van sen h palabras que etimoloxicamente non o levaban pero que no castelán o gañaron por erros de transcrición. Así escribimos ombro e ombreiro, úmero, óso, ola, oco, ovo, orfo, orfanato ou orchata.

Como a ninguén lle gusta parecer parvo, o dicionario da RAE falseou a grafía dalgunhas palabras en latín para que non se notase o cambio, caso de humerus polo real umerus.

Noutros casos, o galego é o que non respecta a etimoloxía. Orchata provén do latín hordeata pero preferiu escribilo coma en catalán, lingua de difusión do nome desta bebida feita con améndoas, chufas, auga e azucre.

O caso de arpa é especial. A normativa esixe escribilo á italiana, sen h, a pesar de recoñecer que a súa orixe xermánica é harp –que significaba angazo. En portugués escríbese harpa e con h aparece na obra de moitos autores. Persoalmente, naqueles textos da miña autoría nos que podo “desafiar” a norma, escribo a palabra na forma etimoloxicamente correcta: harpa porque considero que ese é o espírito da nosa norma na meirande parte dos casos e descoñezo cal foi a razón para facer unha excepción con este instrumento musical.

Advertisement

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Henrique, ola, harmonía, ombreiro

  1. ola, cheguei a este blog buscado a forma correcta de escribir “harpa” porque de sempre me gosta máis a palabra co h, e quería ler que alguén me dicía que estaba no certo… pero vaia, seguirei logo a escribilo en portugués ;), e de paso atopei un sitio interesante. Saúdos

    • Ola. Graciñas por ler e por comentar. Vouche dicir unha cousa agora que non nos le ninguén: eu sempre escribín harpa e sigo a usala con h cando podo esquivar as obrigas da lingua estándar. Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: