Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Maonesa

Cal é o nome galego desa salsa, tan popular, que se fai con ovo, aceite, unha chisca de sal e vinagre ou limón a vontade? A salsa maonesa chegou a Galiza da man da cociña francesa, que lle chamaba sauce mayonnaise. Os franceses, que nunca perden a posibilidade de atribuírse un bo invento, afirmaban que esta delicia inventárana na cidade Bayonne, no País Vasco Francés pero non daban explicado o m inicial. A pesquisa histórica resolveu o enigma. En realidade, a salsa inventárona en Maó, capital de Menorca, nas Baleares.

Aínda así, os franceses seguen a teimar que foi o xefe de cociña do duque de Richelieu quen inventou a mestura a mediados do século XVIII como maneira de honrar o seu señor, que viña de conquistar a capital mediterránea tras unha dura batalla. Os maoneses complementan o prebe cun bo puñado de allo esmagado. En galego tamén é correcto dicir maionesa.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Maonesa

  1. Melhor “presa” que “puñado”, ou?

  2. Graciñas polo comentario, Brath. Son sinónimos exactos. Puñado e presa é unha porción de algo que cabe na man pecha. A calquera hora falamos das medidas “non decimais”.

  3. Obrigado a vós, pensava que “puñado” era castelanismo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: