Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Quenquera e calquera

Hai un fenómeno en galego que se chama hiperenxebrismo. Vén significar algo así como cambiar palabras que parecen “pouco galegas” dándolle un toque autóctono. Este é o caso de quenquera e calquera. Quenquera, as cousas como son, moito non se ouve na fala viva. É algo máis literario ca real pero débese dicir así, non quenqueira. Aínda que se en troques de querer dicir “calquera persoa” o que facemos é preguntarnos pola vontade de algo, escríbese separado e si é quen queira (Quen queira compralo, que me chame).

Un caso semellante é calquera. Calqueira non existe pero tampouco é correcto dicir calquer ou cualquer nin tampouco pasar a forma ao plural: calesquera.

Advertisements

Single Post Navigation

42 reflexións sobre “Quenquera e calquera

  1. Alégrame que escribir co verbo ouvir en lugar do verbo oír, aínda que usar o verbo ouvir na escrita é máis doado ca usalo na fala.

  2. Eu nunca ouvín a palabra calqueira, eu sempre uso calquera e eu normalmente ouzo calquera, cando me falan en galego. Creo que calqueira é un invento teu, outra cousa é primaveira, sinceiro e sinceiramente, xa que estas 3 son formas bastante estendidas.

  3. Dise hiperenxebrismo ou hipergaleguismo? Son as dúas cousas o mesmo ou diferente? Hai algunha diferenza?

  4. Aínda así, creo que hai varios hipergaleguismos que a RAG debería estudar admitilas, xa que están moi estendidas e se os galegofalantes evolucionaron a palabra orixinal a outra máis galega, deberían admitilo ou estudalo, xa que mirar o tema da evolución do latín, cantos falantes ten… Iso si, gran parte dos hipergaleguismos non se coinciden nin coa lingua castelá nin coa portuguesa, mais nós non somos portugueses e non falamos castelán, somos galegos. Esta é unha lista dalgúns hipergaleguismos que deberían aceptar : atrais, detrais, primaveira, sinceiro, sinceiramente, escea, esceario, abandoar (mais abandono), zoa e inconvinte.
    O caso de inconvinte merece unha explicación. Inconvinte é unha palabra moi estendida, mais in- é un prefixo, polo tanto a palabra sería convinte. Ou se aceptan as dúas ou ningunha, e o caso é que convinte non é unha palabra que ouza moita. Eu, persoalmente, non uso convinte, mais conveniente tampouco, xa que nos casos onde se podería dicir convinte/conveniente, normalmente uso convén. Exemplos :
    Iso faino porque lle é conveniente.
    Iso faino porque lle é convinte.
    Iso faino porque lle convén.

    Eu usaría a terceira opción.

    • A razón de que se se usar abandoar, habería que dicir abandono e non abandoo, é que abandoo quedaría ben ao conxugar o verbo (eu abandoo), mais non pra substituír abandono, por iso abandono habería que seguir admitíndoo.

    • Polo tanto, non habería ningún problema en aceptar inconvinte, e se hai que aceptar convinte, acéptase, xa que creo que tanto convinte coma conveniente son palabras de uso minoritario e decrecente en favor de convén.
      Inconvinte, úsase máis, porque moitas veces se fala das vantaxes e inconvintes dunha cousa.
      De feito, as palabras que evolucionan son as que máis se usan, xa que as palabras que menos usamos, tardan máis en evolucionar, xa que case non somos conscientes da súa existencia.

      • E mais, o outro día estaba lendo unha nova deportiva na páxina da Galega [http://www.crtvg.es/(aínda non sei como é que non teñen unha páxina.gal)], e vin a palabra inconvinte, xa que falaba dos inconvintes pra que chegara un xogador a un equipo de fútbol.

      • Dixen antes consciente, aínda que teño ouvido conscinte (un hipergaleguismo), mais non sei cal é o seu rango de estensión, aínda que eu creo que moi estendido non debe estar. Eu, persoalmente, non uso conscinte e uso consciente.

    • A RAG dixo que iban estudar a palabra inconvinte.

    • Tomei unga decisión. A parir de agora, na miña páxina web (https://velaitesdeportes.wordpress.com/) escribirei estes 11 hipergaleguismos, pra e adicar, aínda que non lles guste á RAG. Ao ser palabras moi estendidas non hai problema.
      Despois, gustaríame escribir con lh en lugar de con ll, mais como non está admitido e sería un cambio moi brusco, na miña páxina web escribirei con ll. Eu creo que terían que estar admitidas as grafías ll e lh, así que quen queira escribir olhos, que o escriba, e quen queira escribir ollos, tamén pode, ademais na fala, dá igual que se escriba cunha grafía ou con outra, que se vai dicir da mesma maneira. Desta maneira, os galegos entenderíamos mellor un texto en portugués e os portugueses entenderían mellor un texto en galego. Coas terminacións -ble e -bel fixeron o que acabo de dicir, así que non vexo que problema hai en facer o mesmo con ll e lh.

  5. Xa, mais ás veces o toque autóctono non é algo inventado, xa que o di moito xente, nese caso habería que admitilo. Outras veces, é algo inventado ou minoritario, e que non pareza que vaia medrar, e que a palabra non se sabe de onde saíu, neses casos hai que rexeitar a proposta.
    Eu xa que hipergaleguismos poderían aceptar, polo estendido que está e porque non é algo inventado.

  6. Se ouvíchedes algún hipergaleguismo dos citados, ou calquera outro, dicídeo e compartídeo con tódolos lectores desta páxina galega.

  7. Outros hipergaleguismos : “portuxés” , unha palabra que dicía Rosalía de Castro, mais que hoxe case non se di, “probe” en lugar de pobre e, nun poema de Manuel Curros Enríquez, aparecía “trunfo” en lugar de triunfo.

  8. Incluso, no himno galego, hai varias palabras mal escritas : “redenzón” en lugar de redención, “nazón” en lugar de nación, “quer”, “donde” en lugar de “onde”, “edades” en lugar de idades, “mas” en lugar de mais…
    Pra que vexades a cantidade de faltas que ten o himno galego. Foi escrito por Eduardo Pondal e en pleno Rexurdimento, quizais esa sexa a razón de tanta falta.

  9. Pra que vexades o estendido que están os hipergaleguismos.
    Agora, tódolos galegos (incluído a RAG) deberían facerse a seguinte pregunta :
    Estamos nós falando mal porque usamos as palabras doutro modo do que vén na normativa (nós estamos mal) ou a normativa está mal (eles están mal)? Habería que sentarse a discutir, sen présa, a resposta.

  10. Outros hipergaleguismos : “mediciña”, “gasoliña” e “gasoliñeira”. Eu non uso nin gasoliña nin gasoliñeira co cal non sei canto de estendido están esas dúas variantes (eu o que uso é gasolina e gasolineira), porén si que uso mediciña, e a min sóame tan normal coma medicina, e no caso de que estea moi estendida esa variante xa teñen outra palabra pra estudar.

    • “Mediciña” creo que é unha palabra que provén da mestura de medicina e menciña, dúas palabras admitidas. Creo que o mellor é que usedes menciña, iso si menciña non a podedes usar sempre, xa que, no caso que vou pór, só podedes usar medicina :
      El está estudando Medicina.

  11. 20 comentarios en menos de 24 horas. Incríbel!

  12. Un hipergaleguismo moi famoso en tempos do Rexurdimento e de antes da Lei de Normalización Lingüística (1982-1983): trátase da palabra “fror”, moi habitual neses tempos, mais hoxe o seu uso está decaendo en favor de flor.
    Neses tempos, era moi habitual ver hipergaleguismos, é outra palabra desas é “espranza”, en lugar de esperanza.

  13. Eu pensaba que ar era un hipergaleguismo, mais busquei no dicionario da RAG e aparece como admitido, co cal se dis ar está ben dito.
    Sinónimo de ar : aire

  14. Estes son varos hipergaleguismos que aparecen na Galipedia (no artigo sobre hipergaleguismos), mais que na miña opinión non están moi estendidos e son de uso minoritario : “brilar”, “destiño”, “estrano”, “hourizonte”, “humán”, “urbán”, “semán” e “púbrico”. As formas correctas serían brillar, destino, estraño, horizonte, humano, urbano, semana e público. Desta lista creo que o hipergaleguismo máis estendido é “urbán”.

    • Tamén pon que as palabras que rematan en -ina en castelán pasan ao galego como -iña, na maioría dos casos e nas que non pasa iso a tendencia hipergaleguista é facela rematar en -iña. Eu creo que iso só lles aos hipergaleguistas, que son minoría, e que poderían facer un dicionario propio coma os reintegracionistas. A maioría da poboación galega utiliza hipergaleguismos, mais só son entre 5 e 15, e non coma esa seita, que pode usar incluso 50 ou máis.

    • Na Galipedia, tamén pon que os hipergaleguismos son máis habituais na escrita ca na fala. Pois, a min pásame, eu cando escribo, escribo có galego normativo, mais cando falo utilizo algúns hipergaleguismos que xa citei antes. Obviamente, se admitisen eses hipergaleguismos, comezaría a usalos tamén na escrita.
      Non sei o que fan os demais, mais eu diría que a Galipedia trabúcase niso, e os hipergaleguismos son máis habituais na fala ca na escrita.

  15. Algúns poden que pensen que “pra” é un hipergaleguismo, mais non o é, está admitido pola RAG, iso si tamén pon que é unha forma menos recomendábel ca para, aínda así eu vouna usar igual, xa que paréceme unha palabra máis galega. Por se queredes saber como contrae pra, pra só contrae có artigo, e contrae así :
    pra+o = pró
    pra+a = prá
    pra+os = prós
    pra+as = prás
    Eu pensaba que “pra” era unha evolución diferente do latín, mais pregunteille á RAG e dixeron que “para” era a forma plena e a que evolucionara do latín, e “pra” era a forma reducida. “Pra” non evolucionou do latín, evolucionou de “para”.

  16. Quizais a explicación de porque a RAG non admite ningún hipergaleguismo, podemos encontrala na explicación do porqué “pra” é menos recomendábel.
    “Aínda que hoxe sexa minoritaria, daráselle preferencia ás formas plenas” – explicación da aceptación de para.

  17. Comentario 40. O artigo máis comentado, con diferenza.

  18. Licencia é un castelaismo, e a palabra admitida é licenza.

  19. Acabo de facer unha páxina que complementará o que se vén dicindo nesta páxina, aínda que é posíbel que trate outros temas que non se tratan acó ou que se desvie un pouco dos temas que se tratan acó. A páxina é a seguinte : https://estensiondogalego.wordpress.com/
    O nome da páxina é “Extensión do galego”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: