Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Plantexar

Se hai un verbo que serve para case todo no periodismo é plantexar. O galego estandar non a admite por considerala catalanismo (de plantejar) traído ao galego a través do castelán plantear. O lingüista Benigno Fernández defende que se acepte polo masivo do seu uso e as dificultades de traducilo perfectamente ao galego. De feito, a mellor maneira de substituír plantexar é atender ao sentido da frase e escoller logo o verbo máis acaído. Por exemplo. O goberno plantexou unha reforma agraria ben podería aceptar o verbo propuxo. Pero se é Plantéxoche un dilema talvez for mellor a forma preséntoche ou formúloche. Tampouco debe usarse plantexamento. En portugués úsase plantejamento mais só como idea. Que outros verbos e substantivos poderían ser substitutivos?

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Plantexar

  1. Outro verbo bastante espallado no galego é planexar, sinónimo de planear. A RAG só admite como válido este segundo termo, mais no português se admiten as dúas formas (http://priberam.pt/dlpo/planejar).
    Eu prefiro usar “planexar”, xa que “planear” ben se podería considerar un castelanismo.
    ATENCIÓN: Non confundir “plantexar” con “planexar”, son 2 cousas distintas.

  2. Jose Manuel o dixo:

    boas, imos ver se me podedes axudar…. a seguinte frase como a construiriades:

    “obrigou o xulgado a replantexarse a sua volta”

    grazas

    • Ola. O primeiro que chama a atención na frase é a construción “obrigou o xulgado”. Que significa? Xulgado é suxeito ou obxecto directo? En segundo lugar, a súa fáltalle un acento e por fin, neste caso, coido que a mellor opción é o verbo repensar para non usar replantexar. Apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: