Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Buzo

Un buzo en galego é un aparello normalmente feito de arame ou corda que se lles pon aos animais para impedir que traben ou coman. Mais a forma é homónima doutra palabra castelá que vén significar submarinista. Curiosamente, o buzo castelán provén de bucio (en portugués búzio), palabra hoxe minoritaria –recolleuna o padre Sarmiento– que significa o mesmo que bucina, ese molusco que ten a cuncha en forma de espiral. Como os mergulladores somérxense no mar coma eses animais, tomárona como metáfora non só dos practicantes do submarinismo senón que a estenderon ao verbo bucear, tamén incorrecto en galego. Ese niño no sabe bucear/Ese neno non sabe mergullar.

E o galego de mergullar toma o nome de mergullador. Tamén se pode usar submarinista ou home ra. Cómpre recordar que o traxe hermético que se usa no mergullo chámase escafandro, así, en masculino. Ademais, diremos somerxer, somerxíbel ou somerxible e somerxido, non submerxido.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Buzo

  1. Pingback: Bocina, caracola « Dúbidas do galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: