Bocina, caracola
Eses molusquiños en forma de espiral dos que falamos no anterior post moito deron de si en materia lingüística. Á parte de buzo, en castelán tamén deron en bocina, un castelanismo que en galego debe mudarse por bucina. Tamén no verbo: O coche bucinou e bucinou pero ninguén acudiu. Cando en galego falemos do propio animaliño é preferíbel usar buguina e non o castelanismo caracola. É unha lenda iso de que se oia o mar nas buguinas.
Onte escoitei nunha radio, que nas emisións locais utiliza ás veces o galego, “creto” aplicado a empréstimo concedido por un banco
Ola:
Graciñas por comentar. Falaremos nun post das diferenzas entre crédito e creto, ambas formas galegas pero de distintos significados
Un sinónimo de bucina e bucinar sería pito e pitar