Dúbidas do galego

Cal é o plural de fax?

No uso da lingua hai, como en case todo na vida, rutinas. Afacémonos a que haxa unha regra definida para determinadas expresións e cústanos cambiar o chip. É o caso dos plurais de determinadas palabras que en galego non fan plural, mellor dito, fano pero sen modificarse. Por exemplo, fax. Aínda que é común escoitar: “Mandeille tres faxes e non contestou”, o correcto é dicir, os fax.

A regra é que todas as palabras que rematan nun grupo de dúas consoantes fai o plural sen variar. Por exemplo, fórceps ou luns. Entre estas colócanse as rematadas en -x porque se pronuncian como se fosen -ks. Deste xeito, diremos os tórax.

Tampouco mudan as palabras rematadas en -s cuxa acentuación sexa esdrúxula ou grave: os lapis, os martes, os oasis…

E empatando co primeiro que dixemos, hai outras palabras que fan un plural “especial” que se usa só na fala. Velaí “os manises” ou “as leises e os reises”.

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Cal é o plural de fax?

  1. Estás dicindo que leises e reises son palabras admitidas na fala?! Eu estudáraas (hai moito, moito tempo) coma hiperenxebrismos ou algo así…

    Isto lémbrame unha anécdota sobre plurais: a palabra inglesa \”pen\”, está moi estendida no sitio de\”lapis de memoria\” ou \”memoria usb\”. Un día xantando, a miña muller sorprendeume comentando, con toda naturalidade, que ela empregaba acotío moitos \”penes\”! A miña filla esmendrellábase coa risa. 🙂

    • leises, reises… son plurais populares, que nacen porque os falantes consideran que son demasiado curtas para seren plurais. En castelán tamén sucede, por exemplo con cafeses.

      A túa anécdota está mundial: por aclarar, en caso de palabras estranxeiras, o plural faise engadindo s: clubs, pitbulls ou pens. Grazas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: