Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Anódino, endócrino, termóstato

Os parámetros de acentuación do galego e do castelán son diverxentes en moitos casos, como temos visto. Neste caso falamos de palabras que en castelán son graves e en galego se pronuncian como esdrúxulas. Son palabras de uso máis ou menos corrente e por iso soan ben raras cando as escribimos ou enunciamos correctamente.

En galego son esdrúxulas palabras como isóbara, moi usada na predición meteorolóxica; termóstato, anódino ou endócrino, se falamos do relativo á endocrinoloxía, materia que estuda as hormonas. Curiosamente, esta palabra pasou á fala popular como sinónimo de endocrinólogo.

Tamén se pronuncia de forma esdrúxula rícino, unha planta que se dá en climas cálidos e de cuxas sementes se tira un aceite con propiedades purgantes que pasou á historia como algo de moi mal sabor. E sen saír das plantas, a flor do gladíolo ten que levar ese til e pronunciarse igual ca alvéolo.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: