Dúbidas do galego

Elite

Hai uns meses falamos de palabras que en castelán eran esdrúxulas pero que en galego había que escribir e pronunciar como graves. Eran palabras cultas que mudaran a súa pronuncia no castelán e que había que restituír etimoloxicamente.

O caso de elite é semellante. A palabra provén do francés élite e significa minoría dominante ou selecta. Na lingua orixinal pronúnciase grave pero como leva o til no primeiro e (que en francés serve para indicar como se pronuncia ese e, non para marcar a vogal tónica), os xornais españois comezaron a usar a forma acentuada e os lectores a considerar a palabra esdrúxula, aínda cando a Real Academia Española aconsellaba a pronuncia grave.

Hoxe en día, en castelán é maioritario o uso esdrúxulo aínda que tamén se pode pronunciar á francesa. En galego, só se permite empregar elite. Élite está considerado un castelanismo. Palabras derivadas de elite son elitista e elitismo, entre outras.

Advertisement

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Elite

  1. E igual ca con mísil, coa sílaba tónica en mi e, polo tanto, palabra grave.
    Misil, con sílaba tónica en sil e palabra aguda, é un castelanismo que debemos evitar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: