Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Caracois, aerosois

A formación do plural das palabras rematadas en -l non ten moita complexidade en galego. Substitúese o -l por -is. De animal, animais. Agás nos casos de palabras monosílabas, que fan o plural engadindo -es. Mol, moles; cal, cales.

A complicación chega cando falamos de palabras de máis dunha sílaba compostas por unha palabra monosílaba. Nese caso aplícase a norma dos monosílabos e engádese -es. De mirasol, mirasoles; de parasol, parasoles.

Esta regra provoca excesos. Dous exemplos son as palabras caracol e aerosol. Se pensamos que caracol procede dun composto cara-col e aerosol ten relación co aire e o sol, acabamos dicindo caracoles e aerosoles. Non é correcto. O plural é caracois e aerosois porque estas palabras etimoloxicamente non son compostas.

Caracol procede do latino popular cochleare, relativo á cuncha do gasterópodo. Aerosol é un galicismo ben recente.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Caracois, aerosois

  1. A cartafol, aplicase-lhe a regra dos monosílabos?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: