Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Respostar e responder

Considérase moitas veces que respostar é preferible en galego porque parece máis enxebre ca responder. Estes dous verbos parecen sinónimos de contestar pero entre os tres hai bastantes diferenzas que deberiamos manter para que non se perda a nosa riqueza léxica.

Segundo o lingüísta Benigno Fernández Salgado, contestar debería só empregarse en dous contextos: cando significa aseverar alegando probas ou razóns e tamén cando se pode substituír por contrariar ou contradicir. Así se vincula o verbo coa súa familia léxica: contestación e contestataria.

No portugués respostar non é o mesmo ca responder. Responder significa simplemente dar resposta a algo. Cando esa resposta é agresiva, insolente ou maleducada é cando se utiliza respostar. Este matiz é moi interesante e debería seguirse na expresión galega.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Respostar e responder

  1. Interesante A verdade é que pasa o mesmo con moits palabras (aturar e aguantar, cadro de persoal ou persoal e plantel…)
    Visitádeme na miña páxina : https://estensiondogalego.wordpress.com/

  2. no dicionario galego sempre estivo esa diferenza entre respostar e responder que ti dis do portugués. Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: