Dúbidas do galego

Perrera

Hoxe vou falar de cans e pelo ao mesmo tempo. Non son temas dispares, abofé, polo menos para os que compartimos a vida cun cadelo. Que levante a man o que se libra de ir tapizado de peleiros cada vez que sae á rúa.

Mais falemos de lingua. Na miña casa desde cativo escoitei a palabra perrera como forma propia de falar do floco de cabelo que cae sobre a testa. Miña nai, que é peiteadora, usou ese termo toda a vida pero tamén llelo escoitei a persoas máis vellas.

O caso é que perrera é un misterio lingüístico. Non existe nin en castelán nin en portugués. Os entendidos consideran que pode proceder do francés (pola raíz perr-, presente en perruca) aínda que nesa lingua non hai un termo similar. A terminación -era rénxelles aos lingüístas e defenden a adaptación desta palabra ao galego coa forma perreira. Mais a día de hoxe, o VOLG non recoñece nin perreira nin perrera.

Persoalmente, considero que debería aceptarse perrera (tamén outras formas exóticas, caso de pavero, pavera). Unha lingua ten centos de excepcións e existen casos nos que a etimoloxía impide que determinadas palabras aparentemente de orixe foránea se adapten ao galego. Dicimos calquera, primavera e sincera e non sinceira, primaveira e calqueira. Por que non perrera, pronunciada con e aberto? No fondo estamos potenciando unha palabra senlleira, única no seu contorno e con ben anos de experiencia entre nós.

Ti que opinas?

Advertisement

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Perrera

  1. Pingback: Canceira « Dúbidas do galego

  2. Eu, na miña casa, as “perreras” dos cans, en realidade, pódenselle chamar gaiolas, xa que iso é o que son. Así que creo que, dependo de como sexa, poderíase traducir como gaiola, caseta…

  3. Perruca (que se supón que ven de Pelo), desde que a oíra por primeira vez, écheme tan misteriosa como perrera, aunque esta si que me resulta moito máis familiar, tamén.

  4. meu pai di perrera tamén. “vouche face-la perrera”, dicían cando nos cortaba o pelo sendo rapaces.

  5. María Xosé o dixo:

    Que me encanta a palabra perrera, típica de Ferrol, como tamén pavera. Nós usámolas e punto.

  6. Eu acho que as duas palavras são galegas. Passaram ao castrapo que se falava quando eu era pequeno e que hoje é já uma curiosidade quase arqueológica, pois o castelhano invadiu todo. Mas com a desaparição do castrapo também morrem perrera e pavero no castelhano. Agora só ouço essas palavras no galego, algo quererá dizer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: