Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Un novo dicionario en liña

Con moitos anos de atraso a respecto do noso contorno lingüístico, a Real Academia Galega xa ten dispoñible o seu dicionario na rede. A reforma do seu espazo web foi profunda e dá gusto navegar por ela, tanto polo seu bo gusto estético coma pola funcionalidade das súas ferramentas.

En canto ao dicionario, espero que no futuro se profundice en cuestións como a etimoloxía e a fraseoloxía, dous conceptos que se botan en falta na ferramenta actual e que son moi útiles tanto para os profesionais que usamos a lingua acotío coma para o conxunto da sociedade.

Outro punto que se debe mellorar é a dialectoloxía. O galego, como comento constantemente, ten unha riqueza léxica que debe perdurar, fixarse e acomodarse aos novos tempos e usos lingüísticos para que non se perda logo do despoboamento do medio rural e o abandono de determinados oficios e prácticas xenuínas da nosa sociedade e que crearon un corpus lingüístico ben aproveitable na sociedade de hoxe en día.

Para quen queira máis ferramentas lingüísticas, tamén é moi recomendable a páxina do Dicionario de Dicionarios Históricos, creada pola Universidade de Vigo e que leva anos ofrecendo os traballos dea meirande parte dos compiladores e tecedores de dicionarios da nosa historia, desde o inigualable Eladio Rodríguez até o Padre Sarmiento, pasando por Xosé Luís Franco Grande, Elixio Rivas, Aníbal Otero e outros estudosos.

En tempos era accesible de balde o digalego, o dicionario en liña da editorial Ir Indo. Nestes momentos, os contidos do dicionario só poden consultarse tras un proceso de rexistro.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Un novo dicionario en liña

  1. Non era sen tempo, pero xa chegou. Moi boa nova.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: