Dúbidas do galego

Canceira

O outro día empezamos un post con cans e acabamos con pelos. Hoxe rematamos a pescuda sobre o segundo significado de perrera: lugar onde se gardan os cans.

En galego non existe perro, agás na forma dialectal que detectou Elixio Rivas hai anos de dar perro como forma de pedirlle a alguén axuda para subir a algures. “Dáme perro para agatuñar esa maceira”.

Por iso o lugar onde se gardan estes animais ten a ver coa forma galega que empregamos. En portugués úsase canil e esta forma empregouse na literatura e na prensa pero o VOLG non recolle o termo e prefire as formas cancil e canceira. Dese xeito falaremos de cancil (ou canceira) municipal.

Canceiro e canceira tamén pode usarse como adxectivo, para definir alguén moi apegado aos cans. Cadeleiro úsase no Salnés para definir os que se dedican á captura da ameixa.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Canceira

  1. Perdón, trabuqueime epúxeno no artigo anterior. Eu chámolle gaiola.

  2. Darío Xohán Cabana o dixo:

    CANCIL é outra cousa (ou outras cousas) que non ten nada que ver con can; pode ser unha peza do xugo ou unha ferramenta de barco (isto raramente). CANCEIRA é unha palabra inventada, e ademais horrenda, por calco do castelán “perrera”, que algún quererá disimular alegando o catalán “gossera” por “canera”. CANIL usábase na literatura, e séguese usando, agás cando o ultrapapismo lingüístico chega a impoñer a forma “normativa” aberrante. É común co portugués CANIL, co italiano CANILE e co francés CHENIL, todas derivadas, segundo os mellores dicionarios, do latín vulgar CANILE.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: