Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Investir e inverter

En castelán, invertir ten catro acepcións. A primeira é: cambiar, substituíndoos polos seus contrarios, a posición, a orde ou o sentido das cousas. A cuarta é, en matemáticas, intercambiar numerador e denominador.

En galego para ambos os significados usamos a forma inverter. Derivada desta é inversión, só correcta na nosa lingua aparellada a este verbo.

Mais habitualmente inversión vémolo e escoitámolo en contextos relacionados coas outras dúas acepcións do verbo castelán invertir: empregar, gastar, colocar un cadal ou tamén empregar ou ocupar o tempo. Neses dous casos, en galego debe empregarse investir e o seu derivado investimento. As persoas que invisten nun negocio son investidoras.

O castelán, seguramente, confundiu nunha única forma o verbo latino invertere cando en realidade ese verbo non tiña nada a ver con investire, que en latín significaba gornecer, recubrir.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Investir e inverter

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: