Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

As ballenas dos paraugas

A chuvia, que en Galicia este ano se fixo estrañar para que a apreciemos todos un pouco máis, creou un campo léxico amplísimo. Aínda así, algunhas palabras alleas perviven, como ballena.

En tempos, da queixada das baleas extraíanse unhas tiras duras e flexibles que servían para fabricar as varas dos paraugas, dentro de moitos outros usos industriais. Aínda que se entende como castelanismo obvio empregar ballena para definir o animal, pervive na tradición oral chamarlles ballenas a esas varas do paraugas.

Debemos evitar esta denominación. O común é chamarlles varas ou co diminutivo variñas. O de baleas á parte de ser unha ultracorrección que chía no oído, xa non ten moito sentido pois hai ben tempo que o material dos paraugas non procede do cetáceo.

Curiosamente, o paraugas é un obxecto tan antigo entre nós que perviven na actualidade vellos rituais. Como secar a tea logo da chuvia co paraugas aberto. Cumpría facelo cando había risco de que a tea pudrise pola humidade; hoxe os paraugas fabrícanse con materiais sintéticos e xa non fai falta levar tanto traballo para que duren.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: