Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Dársena

Aínda que moi estendida na lingua xornalística, esta palabra é incorrecta en galego. É un castelanismo considerado innecesario por existir na nosa fala dúas palabras que definen o seu significado e están en perigo de extinción: embarcadoiro e bacía.

Dársena procede do árabe dar as-sina, que significaba casa de construción. O italiano popularizou o termo e o castelán úsao para definir a parte máis profunda dun porto, onde habitualmente ancoran as embarcacións.

O termo bacía ten relación coa fondura, xa que define a parte dun río, lago ou mar con maior profundidade. Embarcadoiro é calquera lugar onde se ancoran buques ou se producen cargas e descargas procedentes de embarcacións.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: