Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Estamos en elo

Por influencia do castelán, que abusa na linguaxe xornalística e política do pronome neutro ello, moitos neofalantes adaptan esa figura a un inexistente en galego elo. “Estamos en elo”, “para elo fai falta…” son formas alleas e innecesarias na expresión oral ou escrita.

Di Benigno Fernández Salgado que o galego antigo si contou cun pronome neutro pero o seu uso perdeuse até se extinguir. Hoxe en día usamos os pronomes demostrativos neutros isto, iso e aquilo para esa función expresiva. “Estamos niso”, “para isto fai falta…”

Si é correcto elo en galego cando significa aro dunha cadea ou cada un dos elementos que, relacionados entre si, serven para explicar algún concepto.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Estamos en elo

  1. Mais os arcaísmos tamém se podem usar. Nom á nada que o impeça, nem o deve aver. Os arcaísmos podem-se usar como recurso literário ou por simples gosto, pra tentala ressurreiçom dissa verba.
    Á ũa excelente aplicaçom chamada “Corpus do português” (http://www.corpusdoportugues.org/), na que aparecem as palavras de várias épocas. Independentemente da opiniom que cada quem tenha verbo da situaçom na que está atualmente o galego, todo o mundo defende que no século XIII e XIV o galego era a mesma língua em Portugal e na Galiza. Isses séculos estám incluidos na aplicaçom, polo que se lhe pode botar um xis cadora e cando (coma no caso de “elo”).
    Dito isto, a minha pergunta é: Cal era o valor disse pronome neutro? Pode-se substituilo pronome castelão “ello” polo galego “elo” em calquer caso? Ou o nosso pronome “elo” tinha um valor mais restrito?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: