Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Creto e crédito

Outravolta falamos de palabras cunha orixe común que en galego derivaron en dúas palabras próximas pero diferentes. O latino creditum trasladouse á nosa lingua de dúas maneiras. Creto é un substantivo patrimonial que vén significar consideración ou confianza de que goza unha persoa polas súas boas calidades, ou unha cousa por ser verdadeira, seguindo a definición da Academia Galega. De aí deriva a frase feita dar creto. Curiosamente, o antónimo de creto non é descreto (palabra inexistente) senón descrédito.

Crédito é a forma culta cuxo significado en galego é empréstito que un particular ou unha entidade ofrece cunhas determinadas condicións. Son derivados correctos en galego acreditar e crediticio/crediticia.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: