Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Desfrutar

Coas leis e normativas na man, desfrutar é unha palabra incorrecta no galego. Na lingua estándar débese usar gozar, en todos os casos. Afirman os académicos que desfrutar non é palabra propia; tampouco desfroitar, adaptación hiperenxebrista dun verbo que orixinariamente significaba ter os froitos (des-frutar) ou rendementos de algo.

A min paréceme que desfrutar debería estar permitido como préstamo do portugués, xustamente con ese sentido: tirar rendemento de algo. “Desfrutaba dos seus aforros nunha gran quinta na Terra de Soneira”. Tamén co sentido de gozar pero nun moderado grao. “Desfrutei este bacallau encebolado”. Gozar significa “ter pracer” e paréceme lexicamente pobre que o mesmo verbo defina ter un orgasmo e celebrar que gañaches ao parchís. Aínda así, insisto en que na lingua estándar non existe desfrutar en ningún caso.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Desfrutar

  1. Parabéns polo blogue! Acabo recén de descubrilo e de seguro que voltarei consultar dúbidas por aquí. Grazas polo traballo que fas e nos aforras 🙂

    • Mil grazas polos ánimos. Sempre vén de marabilla o cariño 🙂 Espero seguir sendo útil. Aproveito para dicirche que se tes calquera dúbida á hora de falar ou escribir, acéptanse “peticións” no blog 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: