Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Taquilleira

Na TVG tivo en tempos o seu momento de gloria este castrapismo. Igual que taquilla é castelanismo, este adxectivo moderno debe ser corrixido en galego. Aquí a normativa propón desas solucións fracasadas das que falabamos no post sobre taquilla: con grande éxito de recadación. Todo porque o galego tampouco admite o adxectivo exitoso, outro castelanismo moi estendido.

O lingüista Benigno Fernández Salgado propón o adxectivo billeteiro como alternativa. Paréceme moi oportuna a súa suxestión. Engarza a tradición galega coa portuguesa e non deixa de facer referencia aos billetes no sentido duplo de entradas de cinema e diñeiro. “Se Matalobos fose levada ao cinema, seguro que era un filme ben billeteiro”.

Cando falemos de taquilla como sinónimo de recadación si é importante utilizar formas relacionadas co diñeiro máis que co lugar onde se venden as entradas (quedamos que o mellor substantivo para esa función é portelo –ou billeteira, seguindo o razoamento de Brath). Hai moitas maneiras populares de facelo. “O filme Vilamor triunfou nas salas; Enrugas logrou unha importante recadación; Cela 211 foi triunfadora en billetes e en crítica”

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Taquilleira

  1. Entón, que alternativa ten o castelanismo “exitoso”? Coméntalo pero non aportas solución 😦

    Graciñas!

  2. A RAG dixo que a proposta trasladarase á comisión pra que decida ao respecto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: