Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Estrinximento

Considerado como un dos grandes males leves da nosa cotidianidade, o estrinximento, así con ese nome, é un gran descoñecido. Na fala viva o termo galego foi practicamente substituído plenamente pola forma castelán estreñir e estreñimiento. Incluso o castrapo estriñimento ou estriñida se escoitan en todas as idades.

Estrinxir procede do latín stringere, que significaba estreitar. Pouco evolucionou lexicamente este verbo, que ten outros derivados como constrinxir ou restrinxir.

Unha curiosidade: como se di estrinximento en portugués? Estringimento? Non, esa palabra define en brasileiro o que en galego contería constrinxir. Cando alguén de fala portuguesa vos diga que está constipado, ofrécedelle ameixas pasas, un kiwi ou calquera outra cousa que –como din os publicistas– favoreza o tránsito intestinal.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Estrinximento

  1. Pois o que son as cousas: a miña avoa, que era mestra de escola e que debía distinguirse do resto da aldea falando castelán, adoitaba dicir que estaba “estringida”. Moito galego aprendín eu co seu castelán.

  2. Por se se admiten suxestións:

    Cando estaba na facultade de Fïsica había un profesor que distinguía entre baleiro (adxectivo) e vacío (substantivo) pero coido que no dicionario non vén isto de “vacío”. Recentemente lin un artigo que falaba de bacío referíndose, creo lembrar, ó mesmo concepto de espazo baleiro, pero no dicionario di que bacío é un recipiente. Pódesnolo aclarar?

    Outras palabras coas que un anda adiante e atrás son mostra/mostraxe e lista/listaxe. Cando un pensa que usa a forma ortodoxa sempre aparece algún sabido que emprega a outra. Ti non poderás sacarnos de dúbidas…

    En calquera caso, parabéns polo blog.

    • Tomo nota para futuros posts. Mil grazas por enriquecer este blog coas túas ideas. A idea inicial era xuntar esforzos para encontrar a maneira de falar e escribir máis xenuinamente en galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: