Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Flota

Tanto flota coma frota son correctas no galego estándar. A normativa recomenda frota aínda que recoñece que flota está máis estendido na fala popular, seguramente porque é unha palabra compartida co castelán.

Frota provén do francés flotte (conxunto de barcos que navegan xuntos) aínda que os filólogos consideran a primitiva orixe da palabra o termo flotti, que para os xermanos da Escandinavia tanto podía equivaler a escuadra naval coma a balsa.

Derivados de frota son frotar e frotador, aínda que son correctos os termos flotar e flotador. Non é galega a palabra flotante, que debemos substituír por frotante cando se refire a un elemento que frota sobre un elemento: “Illa de lixo frotante” e por flutuante, cultismo que define tanto algo que está sometido a vaivéns constantes coma algo que non está consolidado. “Vigo ten unha alta porcentaxe de poboación flutuante”.

A tendencia no galego é que os grupos fl-, bl-, cl-, gl- e pl- deviñeron en fr- (frauta), br- (branca), cr- (recruta), gl- (singradura) e pr- (pranto).

En portugués tamén se di frota.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: