Dúbidas do galego

Babosa

En galego, babosa só existe como adxectivo: que segrega moita baba ou está envolta nela. Tamén, en sentido figurado, é un adxectivo despectivo que se refire a quen fala moito e sen sentido ou que di cousas que supoñen falta de educación e pouco respecto polos demais.

Para definir as especies de moluscos terrestres que se arrastran polo chan utilizando unha mucosa podemos utilizar varios termos. Unha das máis comúns é lesma. Na zona de Cequeliños dicimos lesmia, mellor dito lermia, que por alí o rotacismo fai furor. Noutros lugares utilizan limaco, limacha ou limáchega.

Si é correcto dicir ameixa babosa, xa que neste caso o termo é un adxectivo. Curiosamente, cando falemos deses animalechos invertebrados envoltos en babas podemos apoñerlles adxectivos tales como baballona ou baballosa.

E remato cun truco agrícola: se os vosos cultivos, por exemplo de leitugas, están ameazados por ataques de lesmas ou caracois –que non deixan de ser limachas acoirazadas– hai dúas maneiras de escorrentalas. Proba a colocar casca de ovo moída ao redor da horta ou enterra envases de plásticos cheos de cervexa. Ambas cousas estarrécenas.

Advertisement

Single Post Navigation

5 reflexións sobre “Babosa

  1. Eu déixoas caer, por se colan 🙂

    Nos dicionarios aparece a palabra taller como correcta e poñen como exemplo o taller mecánico. En cambio, falan de obradoiro para referirse a un taller tradicional. Sempre quixen saber se realmente isto “sempre” foi así ou se foi unha asimilación da palabra en castelán para os casos de modernidade restrinxindo a enxebre para o tradicional-arcaico.

    Tampouco teño claro se a miña veciña, de quen tanto aprendo, distingue entre lechugas (cómense en ensalada) e leitugas (malas herbas, Deus me libre de falarlle de plantalas) por influencia do castelán ou se realmente en galego existen as dúas palabras e distinguen a dúas plantas diferentes.

    Por certo, a min gustábame máis cando tiñamos pRantas e non pLantas, pero…

    Saúdos e parabéns de novo polo blog.

  2. na miña aldea sempre lle chamaron “miligochas” (con gheada)
    é no concello de Silleda.

  3. Na miña zona dicimos limacha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: