Dúbidas do galego

Recortes

Quizais esta se converta nunha das palabras máis usadas no 2012. Non fai falta explicar por que. A pesar de que a batalla da linguaxe política case sempre a gaña o poder, mercé ao seu completo control sobre os medios de comunicación máis seguidos, neste caso non puido lograr que soe máis reformas e axustes ca recurtes, ou mellor dito, recortes, que é o termo correcto en galego.

Recurte e recurtar son formas hiperenxebristas que nacen de converter o adxectivo curta nun verbo, por considerar o correcto recortar un castelanismo. Algo ten a ver tamén o verbo acurtar, galego xenuíno. Para non nos confundir, pensemos en que recorte provén do verbo recortar e este á súa vez de cortar, no sentido de separar ou despezar. E acurtar vén do adxectivo curto, que ten a ver coa magnitude, ben por tamaño ben por tempo.

Advertisement

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Recortes

  1. Pingback: Retallar | Dúbidas do galego

  2. O dos verbos de alternancia vocálica (tería que ser vogálica, creo eu), coma durmir, enténdoo, pero isto non se entende. A ver, é que son palabras derivadas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: