Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Convalidar

Seguro que a moitos lles estraña que esta palabra non sexa galega. Recoñezo que hai pouco que souben que era un castelanismo. En galego debemos dicir validar, simplemente. Por que? Pois porque ese con- previo é un prefixo innecesario por redundante. Validar significa declarar que algo é válido por algún medio. No castelán considérase que ese significado non é suficiente para revalidar algunhas autorizacións ou títulos, de aí que utilicen convalidar como forma de reforzar esa duplicidade.

Pero en galego considérase que validar é un verbo absoluto e polo tanto non se pode graduar. Se un título universitario obtido no estranxeiro non serve no noso país, hai que validalo, xa que non é válido. Convalidación é derivado tamén inexistente na nosa lingua. Usaremos validación.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Convalidar

  1. estas pequena leccións véñenme moi ben, moitas grazas, vou aprendendo a pildoriñas… claro que, coa memoria que teño… (despois póñome a escribir en castelán e xa dubido se era isto en castelán ou en galego) :-/

    • Ás veces non é fácil saber que é correcto en galego ou en castelán e viceversa. Quen domina máis dunha lingua ten que estar un pouco máis alerta para non mesturar. Moitas grazas polo comentario. Espero seguir a serche útil

  2. Pingback: Decomisar | Dúbidas do galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: