Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Cando diremos nor- e cando norte-?

Norteirlandés ou norirlandés? Nortecoreano ou norcoreano? Os xornalistas moitas veces temos dúbidas sobre como resolver os compostos cos prefixos norte- e nor-. A confusión coa norma castelá e incluso a forma literaria norde ensarillaron unha norma ben sinxela.

Cando teñamos que aplicar o prefixo en palabras que comezan con vogal, usaremos a forma plena norte-: norteafricano, norteirlandesa… Se a palabra empeza por consoante, apocoparemos o prefixo: norcoreana…

Cando falamos dos puntos cardinais non aplicamos esa norma. Diremos noroeste e nordeste ou nordés. Nordés tamén é o vento que sopra desde ese punto.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Cando diremos nor- e cando norte-?

  1. Boas, César!

    Como se lle debemos chamar a Iceland en galego? Terra do Xeo? Illandia? Ou o equivalente castelán Islandia?

    Graciñas,
    Un saúdo!

    • Graciñas pola túa visita e polo teu comentario. Islandia debe dicirse Islandia en galego tamén. O nome é unha latinización do xermánico Island, que vén significar como ben dis Terra do Xeo. Apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: