Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Despexar

Velaquí un deses verbos complexos, dos que custa un tanto aprender ben os seus matices expresivos en galego. Utilizaremos na nosa lingua unicamente despexar cando falemos en dous sentidos: Apartar os obstáculos, deixar expedito un lugar: “Despexei o carreiro para poder pasar co chimpín”. E librarse o ceo de nubes. “Durante o día estivo nubrado mais á noite despexou”.

É incorrecto utilizar despexar na linguaxe matemática, onde é un calco do castelán despejar. Neste caso utilizaremos verbos propios como resolver, aclarar ou desfacer. “Resolve a ecuación”, “Aclara o x desta formulación”…

No uso meteorolóxico do verbo, prefiro outras formas: limpar, clarear, abrir, albadear, azular…

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Despexar

  1. Teño oído que despexar é, orixinalmente, quitar unha pexa, esa cousa que se lle pon aos cabalos nas patas para lles xunguir dúas patas e limitarlles os movementos. Se é así, despexar tamén se podería usar para as matemáticas, non? Tamén é liberar a incógnita (?)

  2. As ecuacións non se despexan. O que se despexan son as variables das ecuacións.

    Non coñecía este blog. Parabéns porque é útil e necesario! Xa o fichei en http://Debulla.info

    Un saúdo e agardamos máis posts.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: