Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Lástima

Éche unha lástima pero esta palabra non é correcta en galego. Para os lingüistas, é un empréstito moi recente do castelán que non fai falta, xa que existen en galego substantivos suficientes para definir o sentimento de tenrura e compaixón ante os males de alguén. Usaremos mellor ca lástima mágoa, pesar e pena.

Pena é unha desas vellas/novas palabras da nosa lingua. Tivo moito uso na Idade Media, tanto que desgastou ese n intervogálico até se converter en pea. Co tempo recuperou a forma plena (do latín poena), quizais por influencia da castelanización da Igrexa.

Tampouco son propias as palabras derivadas, caso do adxectivo lastimosa e o verbo lastimar. Penosa e magoar son excelentes alternativas.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Lástima

  1. Pero “lástima” tamén se usa en portugués… Pode que a palabra non sexa “necesaria” ou que non sexa “a millor”, pero dicir que non é correcta, ¿non é pecar de excesivo purismo? Se as normas son demasiado estrictas, teremos tanto medo de escribir e falar que abandonaremos todos o galego por outro idioma que leva séculos normalizado (o 99% ao español, a prosa científica ao inglés, o resto ao portugués)… 😦

    • César: lástima en efecto existe en portugués como castelanismo aceptado. Introduciuse no século XIX.

      En canto á filosofía da norma, non é un debate sinxelo pero no caso dunha lingua como o galego, de fronteira entre grandes linguas, con moitas interferencias do castelán, a pouco que te descoides, acabas no castrapo.

      Desde o meu punto de vista, a normalización ha ser coma o exercicio: funciona sempre que sexa constante e progresivo.

      Mil grazas por ler este blog e comentar nel.

  2. A min “pena” non me gusta usalo porque unha “pena” para min en galego quere dicir unha rocha 😉 Eu quedo con “mágoa” sen dúbida ningunha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: