Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Devaluar

Permitídeme só un parágrafo de política. Nestes tempos de moeda única, nos que as regras do xogo impiden aplicar a vella receita de desvalorizar o diñeiro para salvagardar a estabilidade financeira, a política desvaloriza a cidadanía, abaratando o seu valor como man de obra; abaratando os seus dereitos sociais; abaratando o seu futuro para quen os compre, sexan bancos ou grandes empresas transnacionais.

En efecto, utilizaremos desvalorizar no canto de devaluar, castelanismo que á súa vez é un galicismo innecesario que triunfou grazas a que tamén o inglés o adoptou (to devalue).

O lingüista Benigno Fernández Salgado propón un neoloxismo para o concepto de ‘rebaixar o valor ou valía dunha cousa’: devaliar. É unha adaptación á galega deste tipo de verbos en francés na senda de avaliar/évaluer; devaliar/dévaluer. Devaluación traduciríase por devaliación.

Polo momento, o VOLG non o recolle. Que vos parece?

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Devaluar

  1. Puf! Case me estou arrepentindo do que lle contestei a César Salgado na entrada de “Lástima”. Este tipo de cousas, ao ser o galego invisible (medios de comunicación, etc) é moi difícil que callen. Usándoas un colle complexo de rarito, de falante de libro, case que excéntrico e pretencioso, como inventando cousas para chamar a atención. Igual é mellor afianzar e traballar para que non sexan substituídas as palabras que xa existían e que aínda están aí e asumir que os neoloxismos vannos entrar vía castelán e inglés si ou si. Xa non sei a que carta quedarme, se fosemos capaces desde logo tiraría cara o “purismo” máis absoluto.

    No tocante ás palabras que se propoñen nesta entrada, tampouco sei con cal me quede: por un lado avaliar é palabra asumida (polo menos no ensino) así que devaliar non debería renxer demasiado, pero… Por outra, desvalorizar soa menos novidoso, pero algo longo e -agora mesmo-, non o temos na cabeza asociado coa acepción propia de “devaluar”. Estamos fastidiados, pero se se asentou beirarrúa, por que non algunha destas? Iso si, decídanseme os expertos pola que queren potenciar 🙂 Eu vounas remoer uns días, a ver. Seguro que para a semana xa non me son tan raras. 🙂

    • Estou de acordo contigo en que o galego ten unha serie de atrancos sociais que fan que avanzar en cousas coma unha normalización de palabras propias bata de fociños cunha sociedade que asume como “normal” un galego deturpado.

      A miña idea é que hai que facelo de forma gradual, sen querer converter o idioma nunha arma de diferenciación social. Para iso existen diversos rexistros. Para iso temos a capacidade de ir progresivamente introducindo eses cambios.

      Se houbese medios de comunicación propios todo sería máis sinxelo pero é o que hai. Non debemos rendernos.

      Graciñas por comentar

  2. A min desvalorizar é a que me gusta… tan sinxeliña.
    🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: