Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Ladilla

Recordo que Miguel de Lira interpretando o Currás de ‘Mareas vivas’, serie fundacional da TVG, sempre lle chamaba o desacougado Carlos Blanco Ladillao, na vez de Ladislao, o seu nome na serie. Tamén é común coma alcume en Arbo. A alguén chámaselle ladilla por inquedo, fedello ou entremetido. Nesa función figurada, o galego admite o vocablo. “Para quieto, ladilla!”

Mais se falamos do animal parasito que se acomoda nas partes do corpo onde hai máis pelo, debemos descartar ladilla como castelanismo e utilizar piollo pato. “Naqueles tempos de pouca limpeza e moito puterío, eran habituais os piollos patos”.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Ladilla

  1. Segundo intento, non sei onde foi parar o primeiro intento de comentario cando estaba escribindo.

    Comentaba que é ben xeitoso iso do piollo pato e, aproveitaba para deixar caer outra dúbida que teño: como dicir “cuenco” de cociña ou “cuenco” tibetano, p. ex. ? Cunca quédalle pequeno, é unha taza sen asas e cunco -acabo de mirar- e vir vén no dicionario pero eu nunca lla sentín dicir a ninguén (xa sei que non son paradigma). Gustaríame saber se pertence “realmente” ao idioma aínda que a min non me cadrase de escoitala. Porque isto lémbrame outras palabras como ancián ou xove/n que sempre me resultaron “artificiais”, por moito que poidan derivar do latín. A primeira porque se introduciu (paréceme a min, falar non ten cancelas) cun tabú foráneo como é o de que ser vello sexa un insulto ou algo que desprestixie. Penso que “vello” entre nós non tiña esa carga negativa ata hai ben pouco e os anciáns non existían. No tocante a xove ou xoven, agás os eruditos, non sei se alguén a escoitaría de boca dun galegofalante antes de que a primeira Consellería de Xuventude existise. Para min que lle come inxustamente o terreo a mozo e só porque se parece máis a joven.

    En fin, non sei se enredei a cousa demasiado.

    • Manolo: Cunco si que é propio do idioma. Ocorre noutras palabras, que o feminino e o masculino marcan a diferenza de tamaño. A norma tamén permite a palabra conco aínda que a min non me chista moito. Graciñas polo comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: