Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Gusanillo

Non imos falar de vermes senón de apetito. Escoitamos mil veces a expresión castelá “matar el gusanillo” para referirse a ese pracenteiro momento no que lle botamos combustible ao estómago para que deixe de ruxir. Até houbo unha marca de pastelaría industrial que lle deu forma e acaba cada anuncio esmagado por un bolo de chocolate xigante.

Deduzo que dese gusanillo naceu a palabra ghusa, non presente en ningún dicionario pero que eu escoitei varias veces. Incluso nunha vella canción d’Os Diplomáticos de Monte Alto que viña dicir: “Dáme parrocha, Maruxa, que teño ghusa, que teño ghusa”.

Hai quen propón como forma substitutiva a máis semellante matar o bicho (ou becho). Na miña casa sempre se dixo matar a fame ou tapar o burato. Unha vez escoitei nun bar unha forma de chamarlle á cousa que máis parecía un poema: “Pon aquí un pintxo de empanada que teño urxentemente que morrearme cos labios do meu estómago”.

Advertisements

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Gusanillo

  1. Arredemo cos bares que frecuentas! 🙂
    Graciñas por estas pequenas capsuliñas de osíxeno que nos vas arrebolando neste blog. O que nos podías explicar é o da contracción con apóstrofe. A min explicáranma unha vez e quedei coa idea de que só se empregaba co título dun libro (deduzo que hai que engadir, cando menos, o nome dun grupo musical), mentres que cunha poboación, que antes non se podía escribir con contracción agora contráese con minúscula e sen apóstrofe (era así?). P. ex.: da Coruña, no Ferrol. Volvendo á pregunta: cando SI se usa apóstrofe e maiúscula?

    Saúdos.

    • Ola e grazas por todo. Non falamos de apóstrofe senón de apóstrofo. Apóstrofe é outra cousa. Xa o explicarei nun post no outono pero a base da norma é que diante de nomes de publicacións, filmes ou outros títulos propios, úsase o apóstrofo para marcar a pronuncia oral da frase enteira: “Lin n’A Trabe de Ouro un artigo moi interesante”. Diante dos topónimos que comezan cun artigo contráese a preposición sen máis: “Vivo na Coruña mais nacín no Grove”. Apertas

  2. E como se refire un ao “gusanillo” cando queres dicir “interese por un tema”. Ex: o mundo blogger sempre me picou o gusanillo

  3. “Gusa” é palabra usada en castelán, se cadra xa en desuso a non ser nos tebeos de Ibáñez, aínda que nunca me decatara da súa relación con “gusanillo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: