Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Sobreseer

Con este verbo pasa no galego o mesmo ca ler. Escribirémolo sempre cun só e: sobreser. É un verbo propio da xustiza, de aí que a súa galeguización sexa aínda difícil posto que nos edificios dos xulgados é onde a nosa lingua ten aínda as portas menos francas. Malia que lles pareza a outros que os galegofalantes andamos o día enteiro de queixas, probade a tentar facer en galego os trámites básicos diante da xustiza. A non ser que teñades menos présa ca un caracol e máis paciencia ca un beefeater, acabaredes sentindo iso que o escritor e xornalista Manuel Veiga definía como “o efecto Yaya Touré”: ao Estado non lle fai falta moverse de posición para que os que pedimos cambios batamos de fociños contra o seu forte peito, aínda máis poderoso ca o do célebre mediocampista da Costa do Marfil. Diremos tamén sobresemento, non sobreseimento.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: