Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Firmar pero non firmante

Temos falado moitas veces de que o asentamento das palabras nas linguas require o seu tempo. E van ocupando o seu espazo no campo léxico devagar, seguindo o ritmo da aceptación popular e os tempos que marcan as autoridades que normativizan o uso correcto do idioma.

O problema é que en Galicia esas autoridades son moi lentas e viven baixo a constante ameaza da contaminación castelá. Ao non haber un ecosistema propio de medios de comunicación que vaia creando usos máis formais das palabras que se escoitan na rúa, cada novidade léxica custa un mundo. A diferenza da lingua castelá, que xa “legalizou” friki e pepero, o galego segue un sistema de “xogo” baseado na etimoloxía, no rescate das formas propias e na conservación do noso patrimonio diante das palabras invasoras… vaia, un sistema tan rápido nas decisións coma un panzer subindo a aba dun monte.

De aí que haxa veces que a norma admite unha forma mais non os seus derivados. É o caso que traemos hoxe aquí. É correcto dicir firmar mais non firmante. Por que?

As autoridades lingüísticas consideran que firmar é unha palabra avellentada no propio idioma, tanto que lle deu tempo a converterse en minoritaria diante de asinar, caso curioso e inusual de termo diferente ao castelán que triunfa na linguaxe administrativa (seguramente pola percepción de moita xente de que firmar é un castelanismo).

Firmante, pola contra, é unha palabra de recente introdución no noso sistema, chegado a través do castelán. Por iso está en corentena e prefírese a forma asinante. O argumento, na teoría impecable, na práctica crea un interrogante: se consideramos que firmar leva anos no galego, por que firmante non puido ter nacido antes, como asinante naceu de asinar?

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Firmar pero non firmante

  1. Firmar, na miña opinión, emáis recomendábel dicir asibar e en firma, é máis recomendábel dicir sinatura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: