Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Mostra ou mostraxe?

Preguntaba o noso lector Manolo por este dúo de palabras para ver de saber cal das dúas era a forma correcta en galego. En realidade, ambos os substantivos son correctos… e diferentes.

Falaremos de mostra cando nos refiramos á porción dun todo ou dun conxunto ou ben a aquilo que dá coñecemento ou que indica algo. Tamén significa a acción de mostrar algo ou ben unha exposición de calquera tipo.

Mostraxe afianza ese significado de acción. Significa neste caso a acción de escoller mostras representativas da calidade ou condicións dun todo. “As mostraxes de esporas recollidas no hospital confirman a presenza da lexionela”. Mostraxe é a palabra galega que debemos usar para traducir o castelán muestreo.

A mesma diferenza entre significados aplícase no caso de lista e listaxe. Cando se quere subliñar a acción é conveniente empregar listaxe e non lista. “Estou a facer a listaxe da compra”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: