Dúbidas do galego

En olor de multitudes

As reviravoltas que dá a lingua teñen ás veces altos niveis de enxeño e incluso pulso literario. Que pensaría de vivir o que inventou a expresión en loor de multitudes se soubese que a percepción popular converteu unha expresión para maior gloria dos papas e bispos nunha expresión con tanta retranca.

É que aínda que moitas veces se escoita iso de que alguén foi recibido en olor de multitudes, a expresión correcta é “en loor de multitudes”, é dicir, entre os eloxios e gabanzas de moitas persoas. Non fai falta explicar o que significa o olor das multitudes, sobre todo baixo o sol nun día de verán.

Destes trocos ou adaptacións hai varios que me gustan. O que máis graza me fai é o que moita xente en castelán lle aplica á palabra retortijón (retorzo en galego): retorcijón. Ten a súa lóxica. Acaso un retorzo non parece así como se as propias tripas se revolvesen e espremesen coma quen enxoita un trapo?

Que outras variacións graciosas coñecedes?

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “En olor de multitudes

  1. 😀 Xa non lembraba o clásico mazagatismo aquel do “olor” das multitudes! Pides máis exemplos… Viches xa a miña categoría en http://patadadiccionario.wordpress.com/category/mazagatismos/ ? Moitos son en castelán pero haiche algúns tamén en galego.

    Parabéns de novo polo teu blog. Canto hai por aprendermos!!

Deixa unha resposta a cequelinhos Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: