Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Roxón, rixón, rexón

O galego é un idioma grande. Tanto que a pesar de se falar nun territorio non demasiado estenso, ten unha riqueza expresiva e léxica á altura de calquera das outras linguas romances. Outra grandeza da nosa lingua son as variedades que na fala tomou cada palabra co paso do tempo.

Unha desas palabras que non se conformou cunha única soa forma na fala foi roxón. Así, con dous os é como se debe dicir na lingua estándar. Mais segundo onde pares haste encontrar con outros xeitos de lle chamar: rixón e rexón son as dúas variedades máis estendidas, ambas “non recomendadas” na escrita ou na fala en rexistro formal. Tamén se lle chama rinchón nalgúns lugares.

O roxón define dúas partes do porco: é tanto a carne resultante de derreter a graxa da parte dos untos coma o touciño pasado pola tixola, torrado e con menos graxa. Esta segunda acepción ten outros nomes en galego ademais de roxón: torresmo, torrrezo ou torrisco.

Advertisements

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Roxón, rixón, rexón

  1. Na miña casa son rixóns. Iso de roxón… e non será un insulto? Para min que hai aí unha asociación de ideas entre as tendencias políticas e o animal do que veñen os rixóna algo interesadas e malintencionadas (é broma).

    Por certo: pódense facer bromas ou hai que usar outra palabra? Servidor, que é algo cuadriculado, odia a palabra brincadeira.

    Ademais vouche conseguindo algún adepto e un deles, ao que lle acabo de enviar a URL do blog, pediume que che preguntase pola palabra “armadilla”, que seica se usa pola zona de Aguiño co significado de trampa pero que -disque- non vén no dicionario galego aínda que si no portugués. Tamén me preguntou se sabería onde conseguir unha lista “oficial” de nomes de países e cidades do mundo en galego.

    Parabéns coma sempre.

    • cequelinhos o dixo:

      Graciñas por comentar. Parece que roxón vén de roxar, que vén sendo poñer con cor viva algunha cousa, neste caso o touciño do porco.

      Pronto publicarei un artigo sobre broma, que é completamente galego.

      Hai varios libros no mercado que traen listaxes de topónimos estranxeiros. Eu manexo o ‘Dicionario Ortográfico da Lingua Galega’, editado por Xerais. Sei que nestas datas está a lanzar Morgante un ‘Superdicionario castelán-galego’ que tamén inclúe toponimia. Non che podo falar del porque non o vin. Saúdos

  2. Pola parte da miña familia sempre foron “roxóns” (máis ben “roxós”). E na da miña compañeira, “rixóns”, o cal sempre me chocou. Heille contar para amolala que o seu non é “estándar” ;-P

  3. Pasa o mesmo con teupa, toupa, toupeira, toupo, teipa, tiopa… Ou con fento, fieito, fieita, felgo, folgueira…
    Disque unhas variantes son máis predominantes nuns lugares ca noutros e que con saber cal é a variante que usa a túa contorna, xa se sabe aproximadamente de que zona es.
    Eu e os da miña zona sempre dixemos teupa e felgo.

  4. Fai un artigo sobre os peúgos/as peúgas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: