Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Cundir

Aumentar algo, dar moito de si unha cousa, ese é o significado desta palabra. Este é outro deses verbos casteláns incorrectos en galego que custa descubrilos porque están incardinados na fala cotiá e son moi difundidos polos medios de comunicación. Mais o galego ten formas propias de expresar o seu significado.

Render é quizais o verbo vivo máis propio para usar como substituto en moitas ocasións. “El perejil cunde mucho/ O prexel rende moito”. Mais ollo, se falamos de tempo, render pode ter un significado completamente distinto. “Me cundió la tarde de trabajo” vén significar que aproveitamos ben a xornada mais se dicimos “Rendeume moito a tarde de traballo” podemos estar a dicir que non nos daba pasado o tempo. Segundo o contexto da frase podemos adiviñar como se usa o verbo render en cada caso.

O verbo fundir é menos ambiguo. “Fundiume moito a tarde”. O verbo fundir cando significa dar de si e non tornar un sólido en líquido alterna vogal na segunda, terceira e sexta persoa do presente de indicativo: “Bótalle pouca pementa que che fonde moito”. “Este papel pinocho fonde moito”. “Cando estás concentrado, as horas fonden que dá gusto”.

Cando cundir significa propagar, non usaremos nin render nin fundir. Por exemplo, para traducir frases feitas como “cundir el pánico”, utilizaremos os verbos espallar ou estender. “Que non se estenda o pánico!”

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: