Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Chaparrón

Onte escoiteille a un galegofalante esta palabra e esta mañá sentina de novo no supermercado. Eu coidaba que estaba claro que era un castelanismo pero por se acaso hai dúbidas –que para iso está este blog, para resolver dúbidas– aclaro que chaparrón é unha palabra allea ao noso idioma, nacida seguramente como onomatopea que imita o son da chuvia forte que cae en pouco tempo.

Loxicamente, o galego ten moitas palabras para definir ese momento. A máis semellante á palabra castelá, chaparrada, moi usada por un coñecido meu da parte da Gudiña. Outras son bátega e o seu derivado bategada, ballón ou balloada, treixada e basto.

No portugués usan unha construción que considero moi literaria. Aos ballóns chámanlles pancadas de chuva.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: