Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Párrafo, parrafeo, parrafada

Párrafo non é só un castelanismo senón que é desas palabras provenientes do latín que nesa lingua evolucionaron dun xeito completamente singular. En portugués dise parágrafo; en francés paragraphe; en inglés paragraph. E en galego, parágrafo.

Curiosamente, a normativa permite usar parrafeo e parrafear, formas obviamente derivadas dese párrafo que definimos como castelanismo puro e incorrecto. Supoño que é un deses estranxeirismos que se admiten polo seu valor expresivo aínda que neste caso o coherente sería, daquela, admitir párrafo como estranxeirismo. Persoalmente, penso que parrafear é un verbo innecesario que compite con formas máis nosas como leriar, leria, parolar, parola, cháchara.

Parrafada, en cambio, non se admite. Deduzo que é unha desas palabras demasiado novas como para gañar un espazo no galego. En castelán signfica anaco dunha conversa pesada. E logo como traducimos parrafada? Seguro que algún tradutor automático había propor paragrafada.

Falando en serio, sentín ás veces falar de “soltar un papiro”, boa maneira de esquivar os castelanismos de moda rollo, tocho ou rollazo.

Que opcións serían máis galegas?

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: