Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Baleiro, vacío, vazar

Baleiro é unha palabra propia do galego que debe reivindicarse. Tanto como adxectivo (a caixa baleira) coma o substantivo (envasado ao baleiro), así como en forma de verbo (baleirou unha caixa de cervexas el só!).

Mais significa entón que vacío non existe? Si que se admite. É sinónimo de baleiro en todos os casos agás na forma verbal. En galego non existe vaciar. Hai que ter en conta que os vacíos veñen sendo unha parte do corpo, xustamente entre as costelas e as cadeiras. Cando rimos moito adoita molestar moito nesa zona. A carne de animal desa parte tamén se chama así: dáme un quilo de vacío de vitela.

Curiosamente, o VOLG non recolle unha forma derivada de vacío viva e común co portugués: vazar. Significa o mesmo que baleirar e é de uso habitual en diferentes comarcas do país. Coma noutros moitos casos, recomendo usala para ampliar o campo do noso léxico e garantir a continuidade dun verbo que ocupa o lugar dese proscrito vaciar (por considerarse castelanismo, supoño) e que mostra claramente o xeito galego de erosionar o latín.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Baleiro, vacío, vazar

  1. Ola, gustaríame saber en que zonas de Galicia se emprega “vazar”, posto que é unha palabra que non oíra nunca.
    Graciñas.

    • Ivy, non teño datos científicos sobre en que comarcas se usa o verbo. A miña propia experiencia indica que practicamente en todo o sur de Galicia se usa; nalgúns casos é minoritaria (entre persoas maiores), substituída polo castelán vaciar. Graciñas por comentar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: