Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Espalda e espaldarazo

Espalda está considerado un castelanismo. A tradución ao galego é doada e responde a un uso cotián moi vivo: as costas ou o lombo. Algo menos coñecido pero tamén válido é carrelo (pronunciado con e aberto): “Teño que ir ao fisio que non che aguanto a dor de carrelo”.

Espalda provén do latín spatula e en galego deu en dúas formas: a culta, espátula, define unha ferramenta composta por unha lámina metálica plana que se une a un mango en forma de z ou de ángulo recto. Úsase polo xeral para estender unha substancia cremosa, desde nata a cimento cola.

A forma patrimonial é espádoa. Non se utiliza demasiado na fala pero si na literatura. É outra forma de chamarlles aos ósos das omoplatas, coñecidos tamén como pas ou paletas.

Como empréstito do portugués, deberiamos usar espalda cando nos referimos ao saliente no flanco dun bastión: esa forma romboide que teñen as fortalezas da Idade Moderna, visibles aínda hoxe en San Filipe de Ferrol ou en Salvaterra de Miño.

Castelanismo tamén é espaldarazo, palabra moi usada na prensa para definir un apoio decidido de alguén cara a alguén ou algo. Con ese sentido deberemos usar en galego recoñecemento. Noutros casos, o conveniente é trocalo por empuxón, pulo ou axuda. “Jugar aquel partido fue un espaldarazo en la carrera del futbolista”: “Xogar aquel partido foi un pulo na carreira do futbolista”.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Espalda e espaldarazo

    • Non 🙂 Costalazo acábala de inventar ti e nótase moito a analoxía con espaldarazo 🙂 En galego as construcións dese estilo fanse máis ben terminadas en -ada: zoupada, chaparrada, covachada… De todos os xeitos, mellor diremos pulo ou empuxón ou calquera outra das posibilidades atendendo ao significado concreto da frase. Grazas por comentar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: